A ESMORGA

Longametraxe dirixida por Ignacio Vilar que foi rodada integramente en galego, mesmo o actor vasco Karra Elejalde fala en galego. Baseada na obra homónima de Eduardo Blanco Amor, foi a mellor estrea de todo o ano en España entre os filmes con menos de 100 copias.

Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.

Titulo orixinal: A esmorga
Tipo: Longametraxes
Xénero: Drama
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 111´
Orixe: Galicia
Ano: 2014
Idioma V.O.: Galego

                

Produtora: Vía Láctea Filmes

FICHA ARTÍSTICA

Guión: / Carlos Asorey / Ignacio Vilar
Dirección fotografía: Diego Romero Suárez-Llanos
Música: / Zeltia Montes
Montaxe: José Moyano
Produción: Mariña Fariñas / Ignacio Vilar
Axudante de dirección: Sandra Montes
Vestiario: Mar Fraga
Xefatura de produción: Alberto Tomé
Xefatura de son: Xavier Souto

Director

Ignacio Vilar

Elenco de actores

A. Durán "Morris" Miguel de Lira Karra Elejalde Patxi Bisquert Lois Soaxe
Cova Berdiñas Alfonso Agra Sabela Arán Monti Castiñeiras Mela Casal
Elena Seijo Fina Calleja Ledicia Sola Mónica García Santi Prego
Pepo Suevos Amelia Guede Laura Míguez Melania Cruz Yago López

Autor da obra

Blanco Amor

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO