A TRAXEDIA DE XIROBIO

Está considerada a primeira longametraxe de ficción producida en Galicia. Foi dirixida e interpretada polo tamén xornalista nado en Porto Rico e, posteriormenta afincado en Vigo, José Signo Garcés. Estivo protagonizada por Julio Rúa e actores da Agrupación Dramática Galega. A súa estrea, prevista para o ano 1931, non chegou a materializarse. O filme é unha adaptación libre da narración de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao recollida no seu libro Cousas promovida por Vicus Films.

O filme baséase nunha das corenta e catro pequenas pezas que conforman o libro, concretamente:  " Xa van alá moitos anos e aínda hoxe teño remorsos. Non había antroido que deixasen de vir á miña casa dúas máscaras choqueiras. Sempre os dous mesmos esterqueiros, coas mesmas caretas, cos mesmos traxes, cos mesmos dios. Eles sabían un segredo amoroso da miña mocedade e tódolos anos viñas chantarmo na cara coas mesmas verbas, coas mesmas gargalladas paifocas..."

Titulo orixinal: La tragefia de Xirobio
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Produción propia 
Realizada en branco e negro
Duración: 50´
Orixe: Galicia
Ano: 1930
Idioma V.O.: Cine mudo
Subtitulado: Castelán

Produtora: Vicus Films
Emisión ou proxección: Centro Cultural               Caixanova de Vigo                                              

FICHA ARTÍSTICA

Intertítulos: José Signo
Dirección fotografía: José Signo
Guión: José Signo / Daniel Rodríguez Castelao
Música: / Ángel Teijeiro
Montaxe: / José Signo

Director

José Signo

Elenco

Julio Rúa José Signo

Autor da obra

Daniel Castelao

IMAXES DO FILME