JUANA DE VEGA. VIZCONDESA DO ARADO

Longametraxe do ano 2016 estreada un ano despois en televisión, dirixida por Zaza Ceballos. Baseada na vida de Juana María de la Vega, unha das mulleres pioneiras en España na defensa da xustiza e contra as desigualdades sociais. Protagonizada por Sonia Castelo e Luisa Merelas.
En 1871, Juana de Vega, tras unha vida intensa e xa ao final dos seus días, dita o seu testamento. A súa gran preocupación é deixar en marcha o seu último proxecto: unha Granxa Escola para os campesiños do lugar. Ante a curiosidade do avogado por este interese case obsesivo de Juana, a Condesa inicia o relato dunha das historias da súa vida. Anos atrás recibiu un encargo moi singular: educar a raíña Isabel II (entón unha nena de 11 anos) para facer dela a primeira raíña constitucional, unha raíña caritativa e xusta. Juana, firme crente no poder da educación, aceptará o encargo de formar a que se pasou a chamar "a alumna da liberdade".
Aos poucos, Juana intentará gañar a confianza da raíña-nena, no medio dun ambiente de conspiracións palacianas que desembocarán no intento de secuestro das infantas.

Titulo orixinal: Juana de Vega. Vizcondesa do arsado
Tipo: Longametraxe
Xénero: Filme para tv, feito real
Produción propia 
Realizada a cor 
Duración: 101´
Orixe: Galicia
Ano: 2016
Idioma V.O.: Galego
Importe subvencións: 260.000 €
Capital Galego: 100 %

Emisión ou proxección: Televisión de Galicia
Produtora: Zénit Televisión, S.A.
Subvención ou axuda pública: Agadic

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Dirección fotografía: Sergio Franco
Guión:  Miguel Anxo Murado
Dirección artística: / Iago Pousa
Montaxe: Gerardo Rodriguez

Directora

Zaza Ceballos

Eleco

. . . . .
Blanca Cendán Xoel Fernández Adri. Castiñeiras Miquel Ínsua Iván Marcos

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego

BAIXAR O FILME

.

VER O TRAILER / ANACO