MAMASUNCIÓN

Unha curtametraxe de Chano Piñeiro, rodada en 1984 en 35 mm. Rodouse despois de que Piñeiro fundase a súa produtora cinematográfica, Piñeiro SA (máis tarde coñecida como Bubela SL). A rodaxe tivo lugar nas aldeas de Baíste e Rubillón, no concello de Avión. O filme estreouse o 28 de decembro de 1984 en Vigo, e conseguiu atraer a atención de diversos festivais internacionais. Tal foi o éxito da curtametraxe que o 25 de xullo de 1985 a TVG abriu a súa primeira emisión con esta curta.

A obra conta a historia de Mamasunción, unha anciá que vive nunha remota aldea. Cada día, durante corenta anos, acode á oficina de correos en espera dunha carta do seu fillo emigrado. Por fin, un día o carteiro entrégalle a Mamasunción a carta longamente agardada. Primeiro lella unha veciña, e dille que o fillo está ben e que axiña escribirá de novo. Porén, Asunción desconfía e dálla a ler ao borracho da aldea. Este diralle outra cousa ben diferente.

Titulo orixinal: Mamasunción
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 21'
Orixe: Galicia
Ano: 1984
Idioma V.O.: Galego

Distribuidora / Baños Films 
Emisión ou proxección / Festival Internacional de Cine de Ourense / Televisión de Galicia
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Miguel Ángel Trujillo
Dirección fotografía: / Enrique Touriño
Guionista: / Chano Piñeiro
Montaxe: / Luis Manuel del Valle
Música: / Pablo Barreiro / José Luis Rivas 'Miri”                                                                  
Xefatura de produción: / Chano Piñeiro
Xefatura de son: 
/ Pablo Barreiro

Director

   Chano Piñeiro

Elenco

Asunción Antón Casal Manuel Barreiro David de Liñares Tía Elvira
Tía Lusinda Eliseo Montes Diego Montes Ricardo Álvarez Mari Luz Amaro
Gonzalo Pereira Manuel Martínez

 

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

    

VER TRAILER / ANACO