O SABOR DAS MARGARIDAS

Esta ficción estará coproducida por Televisión de Galicia e a produtora CTV de onde parte a idea orixinal. É unha serie policial de seis episodios, dirixida por Miguel Conde e protagonizada por María Mera, Tony Salgado, Ricardo de Barreiro e a colaboración especial de Nerea Barros.

Rosa Vargas, unha muller forte, con recursos e que arrastra un pasado traumático, é unha axente da policía xudicial da Garda Civil que chega a un pequena vila para investigar a desaparición dunha moza conflitiva e sen familia á que ninguén parece interesado en buscar. Nas súas pescudas contará coa colaboración de dous axentes locais cos que a relación non sempre será doada. O que parece un caso sinxelo vai complicarse e volverse máis escuro e perigoso cando a investigación da desaparición de Marta vai sacando á luz outros segredos, misterios, asasinatos, chantaxes, drogas, prostitución… que ata ese intre permaneceran ocultos na vila “onde nunca pasa nada”.

Foto de O Sabor das Margaridas.

Titulo orixinal: O sabor das margaridas
Tipo: Serie
Xénero: Intriga, policial
Produción propia 
Realizada a cor
Capítulos: 7
Duración dos capítulos: 70´
Orixe: Galicia
Ano: 2018
Idioma V.O.: Galego

                 

Emisión ou proxección: Televisión de Galicia

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Dirección artística: Ángel Amaro
Guión: Raquel Arias / Ghaleb Jaber IbrahimEligio R. Montero 
Produción: Concha Fontenla
Dirección fotografía: Suso Bello 
Xefatura de son: / Carlos Mouriño

Director

Miguel Conde

Elenco

Jimmy Núñez Sara Sanz

IMAXES DO FILME 

Resultado de imaxes para O SABOR DAS MARGARIDASImaxe relacionadaImaxe relacionadaImaxe relacionadaResultado de imaxes para o sabor das margaridas

   BAIXA-LO FILME

VER O TRAILER / ANACO