S  (longametraxes)

Sara

Sara está casada con Daniel un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa Cátedra en estudios medievais comeza a maltratala. Sara pertence a unha clase social acomodada na que ese tipo de circunstancias ocultanse tralas apariencias, e así ela vive o seu drama en silencio. 

Schimbare (troco)

Luis e Elvira viaxan a Rumanía despois de contactar cunha organización criminal de Europa do Este. Cerca do seu destino reciben unha chamada que os obriga a cambiar de ruta. Para continuar co plan, deben de deterse en Budapest a facer unha recollida. Todo parece sinxelo ata que descobren que se trata dunha nena de oito anos. 

Secuestrados

Jaime, Marta e a súa filla Isa acaban de mudarse á súa nova casa, nunha acomodada urbanización dos arredores. Mentres se preparan para celebrar a súa primeira noite no novo fogar, unha banda de tres encapuchados irrompe de xeito violento co obxectivo de acadar a maior cantidade de diñeiro posíbel e sen importarlles o horror que sementen ao seu paso..

Secuestrados en Xeorxia

Dous empresarios españois viaxan a Xeorxia coa intención de comprar unha xoia que en España revenderán a un prezo alto. Pero alí secuéstranos un grupo de guerrilleiros que, en realidade, son cómplices de Carlos, o intermediario do negocio dun deles en Xeorxia.

Sei quen es

Paloma, unha psiquiatra nova e namorada do seu traballo que se incorpora a un hospital 

remoto en Galicia, onde coñece a Mario, un doente que padece unha estraña enfermidade, unha alteración da memoria.. Descubrir as lembranzas perdidas de Mario levará a Paloma a unha perigosa aventura.

.Sempre Habana

Ignacio e Tomasiño, tío e sobriño, viven no pazo familiar explotando as terras que pertenceron á familia. De súpeto reciben a noticia de que o avó lle deixou o pazo e as terras a Luz Divina, unha curmá de Ignacio que vive en Cuba. Argallan un plan para conseguir recuperar as propiedades, pero as cousas non saen como esperaban

Sempre Xonxa

Sempre Xonxa

A historia abrangue o período que vai de 1947 a 1986, e estrutúrase en catro episodios vinculado cada un a unha estación do ano. A primavera corresponde á infancia, o verán á puberdade, o outono á madurez e á forzada emigración, o inverno á vellez e ó retorno

Sicixia

Xiao é un enxeñeiro de son que traballa para o Arquivo Sonoro de Galicia percorre as vilas e lugares máis recónditos de Galicia na procura dos sons, das xentes e a natureza. Nesta viaxe coñecerá a Olalla, quen traballa na colleita de algas, e que espertará en Xiao a paixón pola vida, a terra e o salvaxe da Costa da Morte. 

Sinbad

Sinbad, extraordinario fabulador, conta as súas viaxes pasadas, reais ou non, aos seus compañeiros  na taberna. O dono desta, Mansur, é viúvo e tén unha filla, Sara. Sinbad mantén con ela unha relación moi afectuosa. Acompáñaa ás veces á escola e apréndelle cousas do mar e das estrelas. Sara é a mellor receptora de todos os contos que narra Sinbad.

Somne

Andrea é unha neuróloga nova que volta á illa de Salerma, á universidade de Linza onde estudara. Alí descobre que María, ex profesora súa, se suicidou hai pouco, víctima dunha estraña depresión. Como consecuencia un importante experimento que estaba a desenvolver, promovido polo consello reitor da universidade, ten ficado en suspenso.

Somos xente honrada

Carlos e Miguel, dous pais de familia que se coñecen practicamente dende a infancia. Ámbolos dous están a pasar por unha etapa bastante complicada, sen traballo e sen diñeiro. No momento que parece que a situación xa non pode sosterse acontece un milagre: mentres gozan dun día de pesca, atopan un paquete con dez quilos de cocaína.