T  (longametraxes)

Todo é silencio

Historia sobre o impacto social do narcotráfico na costa galega. Onde un grupo de rapaces que son amigos descobre o contrabando e admira ó gran capo, Mariscal. A lei que rexe é non ver nin ouvir, e a boca, pechada. 

Todos os Santos

A historia de tres irmáns que, tras quedaren orfos, deciden xuntarse cada primeiro de novembro. Ao longo de tres anos, cada un dos irmáns descubrirá unha novidade na súa vida que alterará a vida dos demais.

Trece badaladas

Celia, escritora, tenta presentar unha vez máis certo guión a unha produtora de cine, e coñece por fin ao director da mesma, Xacobe. Aínda que inicialmente Celia achégase moi molesta a el, xa que lle custou moito que a recibise, axiña as cousas cambian e iníciase unha estraña relación entre ámbolos dous.